viernes, 22 de marzo de 2024

Día da Poesía 2024

 DÍA DA POESÍA 2024
Celso Emilio Ferreiro



RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE LIBROS DE POEMAS
QUE PODEDES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA



Unha das tendencias en materia bibliotecaria 
é a construcción do coñecemento de xeito compartido.
A lectura e recitado de poesías nos cursos 
 foi a opción elixida para celebrar o Día da Poesía.

Día da Narración Oral: Soledad Fellosa

 Día da Narración Oral

Visita de Soledad Fellosa

O mércores coincidindo co Día Mundial da Narración Oral contamos na Biblioteca do Noso Colexio con Soledad Fellosa, entre outras moitas cousas, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica con sede na Coruña.  A súa presenza atopábase englobada dentro da formación do Proxecto Radio na Biblioteca no que o noso centro se atopa inmerso.

 Con Soledad os nenos aprenderon da importancia da posición corporal na radio e en toda expresión oral, de cara a obter un bo sinal auditivo. 

Tamén comentou como afectan os ruídos externos e as posturasda cabeza no son.  Continuou con práctica de presentación e lectura de contos e remataron cun baile grupal e actividades de relaxación para traballar as cordas bucais. Agora só queda levar á práctica todo o aprendido.









miércoles, 20 de marzo de 2024

I Torneo de Xadrez

 Campións do Torneo de Xadrez





Recomendación lectora

 Aventuras e Misterio

Martín de 5º vaivos recomendar un libro cheo de misterio.

Unha colección para resolver misterios

 acompañados dos tres aventureiros, 

os protagonistas de "Resuelve el Misterio".

Escrito por: Lauren Magaziner



Interpretando as láminas de Luís Davila

 LÁMINAS DE LUÍS DAVILA

Os nosos artistas do Sequelo á espera de coñecer en persoa ao padriño da noso Biblioteca,
investigan e aprenden o principal da súa vida e obra.
A través da exposición de láminas e tiras cómicas

 sobre Luís Davila,
 que podedes ver no corredor principal do noso colexio e a través do seguinte enlace,


nas distintas titorías dende Infantil a Primaria
estase levando a cabo obradoiros de debuxo e pintura para interpretar 
unha selección das súas láminas.



Interpretación do alumnado de 3º


Cada clase utilizou unha técnica distinta.

Infantil: Papel Rachado

1º primaria: Ceras

2º primaria: Rotuladores

3º primaria: Témperas

4º primaria: Acuarela

5º primaria: Pastel

6º primaria: Collage









Interpretación do alumnado de 1º

Interpretación do alumnado de 2º

martes, 19 de marzo de 2024

Apípolis: Coñecendo ás Abellas

 Saída Cultural de Infantil e Primeiro
APÍPOLIS

Abellas, Mel e Cera

O alumnado de Infantil e 1° de primaria 
visitamos Apípolis o día 15 de marzo.
Coñecimos o marabilloso traballo que realizan as abellas para a polinización, a nosa saúde, alimentación...

Fixemos galletas con mel, velas coa súa cera, vimos colmeas, abellas raíñas e aínda máis cousas!






Contacontos coas familias de 1º

 CONTACONTOS

Nas últimas semanas algunhas familias do alumnado de 1º fixeron unha visita ata a nosa Biblioteca 
para lles contar  uns contos que fixeron as delicias da clase.



QUE BEN O PASAMOS!!

Como apoio ao Plan Anual de Lectura esta é unha das actividades
 das que máis disfruta o alumnado.

viernes, 15 de marzo de 2024

Lectura Dixital E-LBE.2

 Lectura Dixital E-LBE.2

A imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital.

Ademais dos  moitos centos de libros 
que a nosa Biblioteca contén na súa colección,
a Xunta de Galicia facilita unha plataforma dixital para lectura.
Os cursos de 5º e 6º poderán acceder a ditas lecturas a través do seu usuario e contrasinal.

FORMACIÓN DE USUARIOS




Día do Cómic e do TBO; 17 de Marzo

 Día do Cómic e do TBO
 17 de Marzo





 


👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇



Exposición no corredor principal do colexio 
de tiras cómicas e láminas do ilustrador LUÍS DAVILA


Recomendacións Lectoras
Versión do cartel feito polo alumno Eloy de 6º

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

O CÓMIC TAMÉN É LECTURA

Crea ti mesmo

O lema e o cartel elixido para as bibliotecas escolares de Galicia proponse dende a Consellería de Educación de cara a este curso 2023/2024 é :

"UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS"

 Quérese poñer o foco en tódalas posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

Historia do Cómic


👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀👀 👀

Curiosidades sobre Banda Deseñada e Cómics


👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

O CÓMIC TAMÉN É LECTURA

Crea ti mesmo


lunes, 11 de marzo de 2024

8 de Marzo: Wonder Woman

 WORDER WOMAN

Tamén dende a sección bilingüe de inglés 
os artistas do Sequelo mostran os retratos 
das súas maravillosas mulleres
a través destes retratos
escritos in English.