martes, 23 de abril de 2024

Busca do Tesouro do Pirata na Biblioteca

BUSCA DO TESOURO 
"Pirata Pata de Pau"

Co gallo da Semana do Libro algúns cursos de Primaria  

apuntáronse a unha busca do tesouro na Biblioteca.

Relacionouse para a actividade unha busca do tesouro 

sobre o "Día das persoas con extremidades diferentes"

coa CDU, 

a clasificación universal dos libros nos estantes da Biblioteca.

A razón foi pasalo ben entre os libros 

dándolle ao mesmo tempo difusión a esta data.

 



Obradoiro de Cómics pola Semana do Libro

 

Semana do Libro
O CÓMIC

Obradoiro de Cómic. 

Ricardo Pazos alumno de 3º da ESO do IES Mestre Landín 

veu polo noso centro para contar ao alumnado de 3º e 4º 

a súa experiencia como ilustrador de comic.  

Publica os seus comics 

na revista da asociación cultural Céltica Galicia. 

Ensinou aos nenos e nenas como iniciarse 

na creación de personaxes para os cómics.



Debuxos do alumnado de 3º


Ricardo Pazos

MOITAS GRAZAS!

lunes, 22 de abril de 2024

Xogando con Tuxiña

 SEMANA DO LIBRO

O luns da semana do libro, o alumnado de Infantil tivo unha cita con Tuxiña na Biblioteca.

A través dunha carta Tuxiña, a mascota da Biblio, lles falou dun xogo cos libros dos estantes dos contos.

5 probas superadas, 

os buscadores tiñan que localizar libros de distintas temáticas.



Buscando aos Bolechas


QUE BEN O PASAMOS!



domingo, 21 de abril de 2024

Semana do Libro

 

Día do Libro
 23 de Abril

Unha das tendencias en materia bibliotecaria 
é a construcción do coñecemento de xeito compartido.
A lectura de contos interniveis
 foi a opción elixida no noso centro
para celebrar o Día do Libro.

Tanto na biblioteca como nas aulas, 
a lectura entre iguais, por parellas ou grupos
será a actividade que durante o día 23 de abril
fará desfrutar dos libros ao noso alumnado.




                  

jueves, 18 de abril de 2024

Andaina polas marxes do Lameira

 POLAS BEIRAS DO LAMEIRA

Coñecendo o patrimonio cultural material 

das marxes do Río Lameira:
Fontes, Camiños, Paseo e Barandas, Pontes...

 ata o Lavadoiro do Souto.






O NOSO LAMEIRA

miércoles, 17 de abril de 2024

Orientación na Granxa de Briz

 Xincana de Orientación en Briz


O mércores día 17 de abril o alumnado de 3º, 4º e 5º
 desfrutamos dunha mañá en Briz 
grazas a unha proposta feita polo concello.

Polas beiras do Río Lameira fixemos o camiño ata a granxa.

Monitores da empresa Xesta Natureza 
tiña preparada unha xincana
pola finca e o parque de Briz.
Coa axuda dos mapas 
buscar as balizas e fichar ata completar a xincana
 foi un xogo ben divertido, 
un reto de grupo que todos remataron con éxito.

Percorrer os camiños de terra a carón do Lameira,
entre a vexetación, as fontes, os paxaros e regatos,
foi toda unha aventura, que fixo para máis de un,
que a volta ao colexio gustara tanto como a marcha.





QUE BEN O PASAMOS!!!



Finalista do Concurso X Edición Certame Relatos Curtos

X Edición Certame Relatos Curtos

O alumno de 5º  Darío Pereira Omil

participa no concurso de Relatos Curtos da FANPA

e queda finalista.


NORABOA!!!!

viernes, 12 de abril de 2024

Coñecendo a orixe dos Maios

 Porque se cantan os Maios?


Da man do mestre Jose Antonio,
 o alumnado de 1º, 2º e 3º iníciase no mundo dos Maios.

A través dunha charla na Biblioteca a orixe dos Maios
faise cercana e entendible para o alumnado máis novo.

Este será uns dous primeiros contactos coa historia dos Maios.

Nas semanas seguintes irase ampliando a información nas titorías, 
para, xa nos días previos ao 1 de maio, 
vestir a estructura do maio todos xuntos no noso colexio.
Estructura do Maio pequeniño


A práctica con poemas e rimas ao longo das seguintas semanas
axudará na creación de coplas.



MOITAS GRAZAS PROFESOR.

martes, 9 de abril de 2024

BookTubers: Recomendacións Lectoras

 O alumnado da clase de 5º,

 despois de preparar, memorizar e gravar, 

déixanvos estas recomendacións lectoras 

para que vos animedes a avanzar na vosa experiencia lectora.

Pasádevos pola Biblio 

e atoparedes os exemplares que vos mostran e 

moitos outros cheos de interesantes aventuras.

Vídeo de Diego Soage













martes, 2 de abril de 2024

Día do Autismo

DÍA DO AUTISMO

2 de Abril

 Hoxe celebramos o día mundial do autismo. 

O lema deste ano é " Autismo cerca de tí"

Sam contounos que lle gusta, que non lle gusta e 

que todos somos diferentes. 

Lembrounos que non debemos comparalo cos demais,

 que lle gusta aprender e xogar, 

que necesita axuda e que non esquezamos contar con él. 

Cando non entende algo, cando está confundido pode tirar cousas, berrar e parecer enfadado,  non é un maleducado, está perdido, necesita: 

comprensión, tolerancia e respecto.











DIVERSIDADE E RESPECTO


domingo, 24 de marzo de 2024

Letras Galegas 2024

 LETRAS GALEGAS 2024


LUÍSA VILLALTA GÓMEZ

Seminario Galán


https://drive.google.com/file/d/1nm7LrPThUvjYE9aUTOyu4JekeT24d-Ff/view?usp=sharing





REAL ACADEMIA GALEGA




VÍDEO MUSICAL

Sandra Tenreiro ( https://www.youtube.com/sandratenreir... ) cantora, compositora e profesora no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, pon música a " Estación " de Luisa Villalta.

Un traballo que será utilizado para dinamizar lectura na Biblioteca do centro a través da Aula de Música do instituto.